Imaxe do encontro ante o Caja Rural Atlético Benavente | Xose Ferreiro
Primeiro encontro da segunda volta da competición para os ponteses
Tra-lo paron polas Festas do Nadal, esta fin de semana dará comezo a segunda volta da liga na Segunda División B e o primeiro equipo de O Esteo recibirá maña sábado ás seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga ao conxunto segoviano do C.D. San Cristobal Núñez Automoción.
Os ponteses, que queren voltar a facer do pavillón de A Fraga un verdadeiro fortín neste novo ano, arrancan a segunda volta da competición na décima posición dunha táboa clasificatoria con moita igualdade na parte media da mesma teñen catro puntos menos que o rival deste sábado polo que o este encontro toma unha relativa importancia para que os ambiciosos xogadores ponteses loiten polos tres puntos en xogo.
Diante terán a un C.D. San Cristobal formado por xogadores con experiencia en primeira división cunha mezcla de xogadores xovenes con calidade e moitas gañas como xa amosaron no encontro da primeira volta, disputado en terras segovianas, onde conseguían derrotar aos ponteses por 6 goles a 2.
O adestrador dos de As Pontes, Iván López, logo do derradeiro adestramento da semana, comentaba sobre o encontro de maña sábado que “comezamos a segunda volta da competición facendo borrón e conta nova diante un rival direto, onde non podemos perdoar e teremos que ir a por todas para que os tres puntos se queden en As Pontes”. Continuaba afirmando que “tivemos un nadal compricado con bastantes baixas por enfermidade á hora de adestrar pero a boa nova e que recuperamos aos xogadores que tiñamos lesionados”. Por último dicia “que esperamos que os xogadores enfermos se recuperen para poder competir nun encontro que creo que é clave para alonxarnos dos postos perigosos da clasificación e poder estar tranquilos na zona media da táboa”.
Dende o clube fan un chamamento á afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e aportar ese ánimo extra aos xogadores neste importante encontro.
CATEGORÍAS BASE
Esta fin de semana tamen está de volta o Futbol Sala Galego, onde a maioria dos nosos equipos de base comezan a segunda parte da tempada agás o Infantís da Primera Futgal Ferrol que xa o fixeron antes do parón das festas do Nadal e o Filial que fai precisamente este fin de semana.
Os encontros repartense como a continuación se indica:
Sábado día 11
– Pavillón O Palomar (Lugo)
- 14ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL
Ás 18:00 h. ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Ás 20:00 h. ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Domingo día 12
– Pavillón Centro Penitenciario de Teixeiro
- 13ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 11:00 h. VICTORIA C.F. – O ESTEO F.S. “B”
1ª XORNADA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL
– Pavillón Campo da Serra (Narón)
Ás 11:00 h. C.D. ESTRELLA A SOLAINA – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN
Ás 16:00 h. NARON FUTSAL – O ESTEO ALEVÍN “B”
– Pavillón do Ensanche (Ferrol)
Ás 12:00 h. GADESPORT O PARRULO “B” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
– Pavillón Polideportivo Municipal A Fraga (As Pontes)
- 3ª XORNADA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Ás 20:00 h. LAGO SPORT ENSINO “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES