Imaxe do encontro ante o C.D. Juventud del Círculo | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran voltar á senda dos triunfos diante os seus siareiros
Os de As Pontes recibirán, maña sábado ás seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, a visita do C.D. Intersala Zamora Euronics Caja Rural no encontro correspondente á vixésimo segunda xornada da vixente tempada na Segunda División B.
Logo da abultada derrota colleitada a pasada xornada en Salamanca, os ponteses tentaran voltar á senda dos triunfos para continuar sumando puntos e tratar de alonxarse case de maneira definitiva dos postos perigosos da clasificación e así afrontar a recta final do campeonato pensando en quedar o mais arriba posible. Para elo terán que realizar un encontro moi serio e concentrados tanto en defensa como en ataque, minimizando os erros e tentando de aproveitar as ocasións que lles conceda o rival para tratar de brindarlle a vitoria a afección.
O conxunto zamorano formado por xogadores con moita experiencia na categoría e en categorías superiores mezclado con xogadores xovenes fan que sexa un equipo moi competitivo e peleón que está a realizar unha boa tempada, no seu debut na categoría de bronce do futsal sala español. Tamen chegan a este encontro logo de sufrir unha derrota na súa casa a pasada xornada diante do Stellae Leis Pontevedra F.S., colíder da competición, polo que trataran de facerse cós tres puntos ao igual que os ponteses o que fai pensar que o encontro de maña vaia ser moi igualado e competido de principio a fin.
Tra-lo derradeiro adestramento desta semana, o adestrador dos ponteses, Iván López comentaba sobre o encontro de maña que “logo do encontro da pasada fin de semana en Salamanca onde cometemos moitos erros, completamos unha boa semana de adestramentos tentado de traballar para correxir ditos erros sobre todo a falta de concentración”. Continuaba decindo que “recibimos ao Zamora un rival direto, un equipo moi competitivo que chega ao encontro coa necesidade de puntuar, ao igual que nos, pelexa por quedar o mais arriba posible na clasificación”. Por último expresaba que “estamos preparados e con moitas gañas de que chegue o partido para resarcirnos da derrota do pasado sábado e tentar de conseguir unha vitoria coa que prácticamente certificaríamos a salvación, o que nos daría tranquilidade para afrontar o que queda de tempada”.
No encontro da primeira volta disputado en terras zamoranas o resultado foi moi favorable ao Intersala Zamora nunha segunda parte con moitos erros dos ponteses que se viron reflexados no resultado final de 8 goles a 4, logo de rematar a primeira cun marcador xa adverso de 2-0.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana para os nosos equipos de base con tres encontros maña sábado e outros catro o domingo repartidos da seguinte maneira.
Sábado día 22
Pavillón Municipal O Restollal (Santiago)
- 19ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 18:15 h. ALTO DO VENTO FUTBOL SALA “B” – O ESTEO F.S. “B”
Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)
- 20ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL
Ás 18:30 h. S.D.R. e C NARON O FREIXO “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Ás 20:00 h. S.D.R. e C NARON O FREIXO “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Domingo día 23
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
- 6ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL 2ª FASE
Ás 10:45 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN – CLUB DEPORTIVO ESTRELLA A SOLAINA “D”
Ás 11:45 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – NARON FUTSAL
Ás 12:45 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – GADESPORT O PARRULO | PEZ ROJO “B”
Pavillón do ensanche (Ferrol)
- 9ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL 2ª FASE
Ás 17:30 h. INSTALACIONES SERANTES O PARRULO “C” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES





