Imaxe do encontro da pasada tempada disputado en As Pontes entre ámbolos dous conxuntos. Arquivo O Esteo F.S.
Primero e esixente test de pretempada para os ponteses
O Esteo recibe, maña sábado, ás catro e media da tarde, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, a visita do conxunto lucense da ADC Lugo Sala, campión de liga da Segunda División B as dúas últimas tempadas e que recentemente logrou o ascenso á Segunda División do Futbol Sala nacional.
Os ponteses afrontan este primeiro encontro, tras unha primeira e intensa semana de adestramentos, co obxectivo de seguir coñecendose, xa que o equipo sufriu unha gran remodelación con respeto á pasada tempada, con xogadores xovenes de gran proxección no mundo do futbol sala que unidos aos xogadores que lograron reter da pasada tempada esperase que formen un equipo competitivo capaz de facerlle fronte a calquera conxunto da categoría.
O conxunto lucense que chega a este encontro con dúas semanas de adestramento, onde algún día dobraron sesión, será sen dúbida unha boa primeira pedra de toque para comezar a coller ritmo de competición cun conxunto de categoría superior.
O novo adestrador de O Esteo, Ivan López, manifestaba que “o obxetivo do encontro de maña sábado, mais alá do resultado, non é outro que non sexa o de intentar levar a cabo todo o traballado durante esta primeira semana de adestramentos”, e remataba pedindo “o compromiso de tódolos xogadores”.
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e a familiarizarse coas novas caras do plantel sabendo que a entrada para presenciar este encontro será de balde.
Artigos relacionados
PATROCINADORES