Imaxe do encontro de oitavos de final da Copa Galicia disputado o pasado Martes
Ponteses é noisés volvense a ver as caras esta vez na liga
O Esteo recibe, maña sábado, ás 18:00 h., no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, a visita do filial do Noia Portus Apostoli no encontro correspondente á cuarta xornada de liga na Segunda División B de Futbol Sala.
Tras conseguir a primeira victoria da tempada a pasada xornada e a derrota entre semana que os apeou da Copa Galicia, os ponteses afrontan este novo encontro coas gañas e a ilusión de acadar algo positivo ante un rival, que como é común nun equipo filial, está formado por xogadores xovenes de gran proxección no mundo do futbol sala.
Ponteses e noises xa se viron as caras, no mesmo escenario deste sábado, no segundo encontro amigable da pretempada do conxunto pontés onde quedou patente unha maior rodaxe do conxunto visitante que se reflexou no marcador final de 2-8.
Ambos conxuntos chegan a este encontro separados por tan só un punto de diferenza na parte media-baixa da clasificación polo que os dous buscaran a vitoria para escalar postos nun campionato que esta cumplir coas expectativas de igualdade e compititividade expostas antes do inicio do mesmo.
O adestrador dos de As Pontes, Iván López, declaraba que “maña sábado temos un encontro moi importante na casa contra un rival que xa vimos na pretempada do que é capaz, un rival con xogadores xovenes con moita pegada que senon estamos moi concentrados e intensos sobre todo defensivamente podemos sufrir e pasa-lo pasar mal. En ataque intentar materializar as numerosas ocasións que estamos a ter en cada encontro que é que nos está faltando neste comezo da tempada” continuaba dicindo “o equipo está nun momento bon en canto a xogo e será moi importante sacar algo positivo para dar un salto de moral aos xogadores que creo que é o que necesitan e merecen agora mesmo, tal e como veñen adestrando e competindo nos últimos tres encontros” e remataba comentando que “recuperamos algún efectivo ainda que non estará o equipo ao completo pero temos un plantel amplo e iso non se vai notar tanto como en tempadas anteriores”.
CATEGORÍAS BASE
Nova xornada de liga no Grupo 1 da Preferente Futgal para os Alevíns e Infantís onde ambos conxuntos desprazaranse o domingo ata a cidade de A Coruña para disputar no Pavillón do Club do Mar San Amaro o dobre enfrontamento da cuarta xornada ante o equipo do mesmo nome. Os Alevíns farano ás 17:30 h. e os infantís ás 19:00 h.
Tamen o domingo pero no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga en As Pontes ás 17:00 h. agora si o equipo filial, despois de ver como se suspendía o encontro da xornada inicial por problemas do equipo contrario, debutará na Primeira Futgal ante o conxunto coruñes do Silva S.D. Arboco.
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda aos Pavillóns de xogo a apoiar e aportar ese ánimo extra aos seus equipos.
Artigos relacionados
PATROCINADORES