Imaxe do encontro da pasada xornada ante o C.D. Intersala Zamora | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran dar continuidade á vitoria colleitada o pasado sábado diante do Intersala Zamora
O Esteo F.S. desprazarase maña sábado ata a localidade veciña de Vilalba para disputar, ás doce e media do mediodía, o derbi de proximidade corresponde á vixésimo terceira xornada da tempada na Segunda División B.
Ambos conxuntos buscaran unha vitoria que no caso de O Esteo, sería unha boa inxección de moral para afrontar vindeiros compromisos coa tranquilidade de ter o obxetivo da permanencia a tiro de pedra e para rematar a tempada o mais alto posible.
Vilalbeses e ponteses chegan a este encontro logo de conseguir ambos a vitoria na pasada xornada. Mentras que o conxunto da chaira regresaba ao segundo posto da clasificación, grazas ao triunfo logrado na súa visita a Pontevedra. Por outra banda os ponteses lograban unha vitoria con remontada incluida ante o C.D. Intersala Zamora que lles permitiu empatar a puntos cos zamoranos e superar a barreira psicolóxica dos trinta puntos a falta de oito xornadas para o remate da liga.
O Grupo FormaT Vilalba F.S. formado por xogadores con amplia experiencia na categoría e en categorías superiores, incluso a nivel mundial como é a do ferrolán Adri, fan dos vilalbeses un conxunto moi competitivo, está a pelexar polo liderato da clasificación o que fai que sexa un rival compricado para os ponteses, pero estes non renucian a nada.
Despois do derradeiro adestramento da semana, o adestrador dos de As Pontes, Iván López comentaba que maña sábado ”temos un derbi entre dous equipos moi próximos onde sempre se viviu un gran ambiente de futbol sala”. Continuaba decindo que “esperamos un encontro moi compricado ante un dos mellores equipos da competición, cun xogador diferencial, que se está xogando a liga”. Por último expresaba que “vamos có equipo bastante mermado polas baixas pero iso non é disculpa para tentar sacar algo positivo dunha cancha moi compricada”.
No encontro da primeira volta da competición disputado no Pavillón Polideportivo Municipal pontés de A Fraga o resultado foi de sete goles a dous a prol dos ponteses nun partido moi igualado que se rompeu mediado o segundo tempo polo que os vilalbeses teran gañas de revancha.
CATEGORÍAS BASE
Nesta fin de semana no que ai paron nas distintas competicións de base os nosos equipos aproveitan para poñerse ao día disputando os encontros adiados no seu día por distintos motivos.
Os lugares e horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira:
Domingo día 2
- 17ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Pavillón do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (Narón)
Ás 11:30 h. NARON FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
- 3ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMIN – GADESPORT O PARRULO|RESTAURANTE DE MANUEL “A”
- 16ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Municipal O Restollal (Santiago)
Ás 16:00 h. C.D. COMPOSALA MILONGAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
- 5ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Pavillón do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (Narón)
Ás 17:00 h S.D.C. e R. NARON O FREIXO “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
Luns día 3
- 14ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Polideportivo do Palomar (Lugo)
Ás 20:00 h. ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Artigos relacionados
PATROCINADORES





