Imaxe do encontro da pasada xornada disputado en As Pontes | Xose Ferreiro

Os ponteses tentaran dar a sorpresa nunha das canchas mais compricadas do campionato

Os de As Pontes viaxan maña sábado ata Salamanca para disputar, ás sete da tarde no Pavillón La Alamedilla de dita cidade, o encontro da vixésima primeira xornada de liga na Segunda B ante F.S. Salamanca Dehesa Grande.

Os ponteses, que nas dúas últimas xornadas tan só sumaron un punto queren voltar a sumar de tres en tres para acadar canto antes a permanencia na categoría unha tempada mais, polo que tentaran facerse coa vitoria ante un rival compricado que lles vai a exisir estar ao cen por cen durante todo encontro.

O conxunto salmantino que chega a este encontro situado, ao igual que na primeira volta, na quinta posición da táboa clasificatoria pero a sete puntos da cuarta praza ocupada nestes momentos polos seus veciños do Piensos Duran Albense, buscará tamen a vitoria para continuar asexando os postos de privilixeio logo do empate sufrido a pasada xornada en Pontevedra polo que tamen quereran conseguir a vitoria diante dos seus siareiros.

O F.S. Salamanca conta cun plantel moi compensado, formado por xogadores moi experimentados e competitivos o que vai obrigar aos xogadores ponteses a non perder a concentración en ningún momento, tanto a nivel defensivo como ofensivo, senon queren verse cedo por debaixo no marcador e evitar ter que xogar a remolque o resto do encontro nunha das canchas mais compricadas do campionato.

O adestrador pontés, Iván López, despois do derradeiro adestramento desta semana sinalaba que maña sábado “temos un encontro compricado en Salamanca contra un rival que está pelexando por entrar no playoff de ascenso a Segunda División”. Continuaba dicindo que “teremos que realizar un encontro como o da primeira volta, serios a nivel defensivo e voltar a encaiaxar o menor número de goles posible xa que é aí onde nos encontramos mais fortes, e que creo que será a clave para tentar traer os tres puntos de Salamanca e quitarnos a espiña do encontro da pasada xornada onde xogamos duas partes ben diferenciadas o que nos condicionou ao resultado final ”. Para rematar expresaba que “viaxamos con tódalas gañas e ilusión do mundo para poder conseguir os tres puntos e continuar loitando por algo fermoso”.

No encontro da primeira volta da competición disputado no Pavillón de A Fraga os ponteses facianse cunha vitoria agónica, por 4 goles a 3, logo de frear os multiples ataques do rival na situación de cinco para catro durante os minutos finais do choque.

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana tódolos equipos da base disputaran os seus correspondentes encontros como locais no Pavillón Polideportivo Municipal pontés de A Fraga onde hai que destacar o triple derbi local ante o Lago Sport.

Os encontros repartense da seguinte forma.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

Sábado día 15

  • 19ª XORNADA PREFERENTE FUTAL

Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – COLEGIO LICEO

Ás 18:30 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – COLEGIO LICEO

Domingo día 16

  • 5ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

Ás 10:30 h.  O ESTEO F.S. PRBENXAMÍN – LAGO SPORT | SANTA COMPAÑA

Ás 11:20 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – CMI UNIDADE DE FENE F.S. | RESTAURANTE LUÍS “B”

Ás 12:10 h.  O ESTEO F.S. BENXAMÍN – LAGO SPORT | NOVALUX “A”

  • 8ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – LAGO SPORT | ENSINO “A”

  • 17ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL

Ás 18:30 h.   O ESTEO F.S. “B” – U.D. A ESTRADA F.S.

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES