Imaxe do encontro ante C.D. Intersala Zamora | Xose Ferreiro
Os de As Pontes queren seguir sendo fortes diante a súa afección
Maña Sábado, os ponteses recibirán, ás sete e media do seran no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, ao conxunto olívico do I.E.S. Coruxo F.S. nun encontro correspondente á viséximo cuarta xornada da presente tempada na Segunda División B.
Logo da derrota sufrida a pasada xornada no derbi de proximidade ante o Grupo Forma-t Vilaba F.S., os de As Pontes, tentaran voltar á senda do triunfo diante a súa afección sumando así tres novos puntos que os acerquen un pouco mais ao obxetivo da salvación e a asentarse na zona tranquila da clasificación.
O conxunto pontés deberá afrontar este encontro como sempre o fixo cando xoga como local, moi intensos e concentrados a tódolos niveis dende o primeiro ao derradeiro minuto e aproveitar ao máximo as ocasións que se lles presenten para lograr unha nova vitoria diante dun conxunto, o olívico, cun plantel moi competitivo formado polo bloque de xogadores de tempadas anteriores, ao que fixeron poucas incorporacións pero con calidade e experiencia na categoría e que chega a este encontro logo de derrotar ao todo poderoso Stellae Leis Pontevedra a pasada xornada polo que quereran continuar sumando.
Un punto separa aos ponteses e vigueses na táboa clasificatoria, os ponteses son décimos con 31 puntos e os olívicos duodécimos con 30, polo que se espera un encontro moi igualado, intenso e competido de principio a fin que seguro que se decidirá presumiblemente a favor do conxunto que menos erros cometa.
Despois do derradeiro adestramento da semana, o adestrador dos ponteses, Iván López, comentaba que “están sendo unhas semanas compricadas a nivel de adestramentos por mor das baixas pero aos xogadores ai que darlles un doce porque estan traballando e peleando moi ben dentro das posibilidades que temos”. Lembraba que “o pasado sábado en Vilalba cun equipo moi mermado, non poidemos sacar un resultado positivo, pero competimos moi ben ata o final”. Remataba dicindo que ”mañá recibimos ao Coruxo, un rival direto, onde non podemos fallar. Sei que os rapaces darano todo para intentar que os tres puntos se queden en As Pontes, gañandolle a un rival direto, o que tamen sería ideal para darlle ánimo a estes xogadores que tanto o merecen”.
No encontro da primeira volta disputado en terras olívicas o resultado foi dun axustado 3-2 a prol do IES Coruxo, con duas partes ben diferenciadas, a primiera de dominio local a segunda de dominio pontés.
Dende o clube fan un chamamento á afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e aportar ese ánimo extra aos xogadores neste importante encontro.
CATEGORIAS BASE
Nova fin de semana para os equipos de base con encontros repartidos nas tardes do Sábado e do Domingo
Os encontros comezaran o sábado á tarde e remataran o domingo a última hora có derbi de rivalidade local da Primeira Futgal Senior entre o filial de O Esteo e o Lago Sport.
Os lugares e horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira:
Sábado día 8
- 21ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – RIBEIRA F.S. EN BOAS MANS
- 7ª XORNADA DA 1ª FUTGAL FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Municipal As Lagoas (Narón)
Ás 17:00 h. S.D.R. e C. NARON O FREIXO “B” – O ESTEO F.S ALEVÍN “B”
Domingo día 9
- 7ª XORNADA DA 1ª FUTGAL FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Municipal de A Casquería (Pontedeume)
Ás 16:00 h. F.S. PONTEDEUME | CHURRERÍA LAS VEGAS – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN
Ás 18:00 h. F.S. PONTEDEUME | CANLEMAR – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
- 10ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
17:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – S.D.R. e C. NARON O FREIXO “B”
- 21ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 18:45 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – RIBEIRA F.S. MANTO MAQUINARIA
- 20ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 20:15 h. O ESTEO F.S. “B” – FONTANERÍA JUVE LAGO SPORT
Artigos relacionados
PATROCINADORES





