Imaxe do encontro da Copa Galicia disputado entre os dous conxuntos
Os ponteses tentaran voltar a senda da vitoria diante do líder
O Esteo F.S. recibirá maña domingo ás doce do mediodía a visita dos seus veciños do Grupo Forma-t Vilalba F.S. para disputar o derbi de proximidade corresponde á oitava xornada da tempada na Segunda División B.
Ambos conxuntos con necesidades ben diferentes, buscaran unha vitoria que no caso de O Esteo, sería unha gran inxección de moral para afrontar vindeiros compromisos.
Ponteses e vilalbeses, que xa viron as caras fai un mes nunha eliminatoria de Copa Galicia, chegan a este encontro en situacións moi distintas. Mentras que o conxunto pontés está situado na zona media-baixa da táboa clasificatoria con oito puntos tentaran voltar a senda do triunfo despois da última derrota colleitada na súa visita ao Intersala Zamora, os da chaira situados no mais alto da clasificación, con vinteún puntos, buscaran dar continuidade á boa xeira de resultados pola que están a atravesar xa que contan tódolos encontros, disputados ata o momento, por vitoria.
O Grupo FormaT Vilalba F.S mantivo a gran parte do plantel da tempada pasada que xunto a incorporación de xogadores con experiencia na categoría e a nivel mundial como é a do ferrolán Adri, fan dos vilalbeses un conxunto mais competitivo se cabe e sexan serios candidatos a facerse có título de liga.
Tras a boa semana de adestramentos, o adestrador dos de As Pontes, Iván López comentaba que “o domingo temos un encontro moi compricado diante do líder co aliciente de que un derbi onde necesitáremos estar ao doucentos por cen e intentar que eles non estean moi acertados” continuaba expoñendo que “intentaremos levar o encontro ata os derradeiros minutos có tanteador igualado e apartir de aí competir para que os tres puntos fiquen en As Pontes”. Por último dicía “sabemos que o rival conta tódolos seus partidos por vitorias, pero tamen sabemos que nos debemos seguir a liña de xogo amosada nos tres encontros disputados na casa para conseguir os tres puntos, darlle unha alegría á nosa afeción o que mentalmente para nos sería moi bo”.
Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra ao equipo neste importante encontro.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana chea de encontros para os nosos equipos de base
O sábado día 2 ás sete o filial tentará buscar unha nova vitoria para continuar nos postos altos da clasificación, mentras que o resto de encontros quedan para para a xornada do domingo 3 agás os Alevíns “B” que descansan debido ao parón do grupo 1 na Primeira Futgal Ferrol.
Os lugares e horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira:
Sábado día 2
6ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – ALTO DO VENTO FUTBOL SALA “B”
Domingo día 3
3ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN – S.D.C. e NARON O FREIXO “A”
Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMIN – A.C.D.R. SANTA MARIÑA
Pavillón Municipal A Xunqueira (Fene)
Ás 18:00 h. C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. / ALUMINIOS ROBERTO – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
7ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “A” – S.D.C. e R. NARON O FREIXO “A”
Ás 17:30 h O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – S.D.C. e R. NARON O FREIXO “A”
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda aos pavillóns de xogo a apoiar aos equipos nos respectivos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.
Artigos relacionados
PATROCINADORES