Os ponteses buscaran tres puntos cruciais para acadar o obxetivo da permanecia

O Esteo F.S. recibe ao Racing de Mieres no derradeiro encontro da tempada como locais. O encontro correspondente á vixésimo novena e penúltima xornada da tempada na Segunda División B. trae consigo una una nova edición da campaña TI ES @ 6. Desta volta, o lema é UN NOVO IMPULSO e ao igual que noutras edicións a entrada ao encontró será de balde.

Derradeiro encontro da tempada como locais para os ponteses, onde dar continuidade á xeira de dúas vitorias consecutivas, será vital para eludir os postos de descenso a Terceira División, antes de render visita, na derradeira xornada ao conxunto vallisoletano do C.D. Unión Arroyo.

O Racing de Mieres, ao igual que a maioría de conxuntos da categoría, está formado por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns moi combativos que esixirán aos xogadores ponteses empregarse ao cen por cen en cada acción. Os asturianos situados cinco puntos por debaixo dos de As Pontes na clasificación teñen pé e medio na Terceira División, pero seguro que quereran esgotar as remotas opcións que teñen de manter a categoría polo que pelexaran por levarse os tres puntos de As Pontes.

Os xogadores ponteses saben da importancia vital deste choque, xa que unha vitoria, poñeriaos en disposición de manter a categoría unha tempada mais. Todo isto é unha motivación extra para os de As Pontes que teran que realizar un encontro moi intenso e serio tanto a nivel ofensivo como defensivo e tratar de minimizar os erros para tentar sumar tres puntos importantes.

Nos últimos días o clube fixo un chamamento á afección, a través das suas redes sociais, para que esta acuda ao Municipal pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra a o equipo neste importante encontro.

CATEGORÍAS BASE

O vindeiro domingo pola tarde continua a competición copeira na 1ª Autonómica coa disputa dos Cuartos de Final para os equipos Alevín B, Infantil B. Mentras os Xuvenís tamen disputaran
dita eliminatoria, onde todos farano como locais no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga contra os seguintes rivais e nos seguintes horarios:

· PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A FRAGA (AS PONTES)

– CUARTOS DE FINAL DA COPA DA 1ª AUTONÓMICA

Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – A.D.C.R. SANTA MARIÑA PICA&PICA 24 H. “B”

Ás 16:50 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – PERMUY F.S. PONTEDEUME

Ás 17:40 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – NARÓN FUTSAL

Artigos relacionados

PATROCINADORES