Imaxe do encontro da pasada tempada disputado en As Pontes entre ámbolos dous conxuntos | Arquivo O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran sumar os seus primeiros puntos da tempada
Maña sábado, ás seis da tarde, O Esteo recibe a visita do Adamo Xove F.S. no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, encontro correspondente a segunda xornada, da Segunda División B, na que será a estrea como local do conxunto Pontés.
Logo da derrota sufrida o pasado sábado na xornada inaugural do campeonato, os ponteses, queren sumar os seus tres primeiros puntos diante dos seus siareiros.
Nesta xornada visita As Pontes o Adamo Xove F.S., conxunto que conta no seu plantel con xogadores cunha amplia experiencia na categoría e en categorías superiores o que o volve a facer un dos posibles candidatos ao título de liga. Os mariñáns logroron reter a gran parte dos xogadores da pasada tempada que xunto ás novas incorporacións fai que sexan un equipo moi competitivo e ao igual que os ponteses tentaran sumar os seus primeiros puntos da tempada.
O adestrador pontés, Iván López, declaraba sobre o encontro deste sábado “queremos resarcirnos da derrota colleitada ante o San Cristobal sabendo que diante teremos a un rival compricado que ben de disputar o playoff de ascenso á Segunda División na pasada tempada, formado por xogadores moi contrastados e veterans que mezcla con xovenes xogadores de gran proxección” continuaba decindo “teremos que plantexar un encontro onde eles non se encontren cómodos, competir e facernos fortes sobre todo na casa para conseguir que os tres puntos se queden en As Pontes”. E Remataba comentando que “fixemos unha semana moi boa de adestramentos, no sentido de que estou moi contento cos xogadores, pero agora ai que reflexalo maña sábado na pista”.
Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao equipo.
Tódolas persoas que queiran facerse socias do clube, poderan consultar como facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.
CATEGORÍAS BASE
DOBRE ENFRONTAMENTO DOS ALEVÍNS E INTANTÍS NA PREFERENTE FUTGAL ANTE O C.P. CASÁS
Tamen maña sábado os nosos Alevíns e Infantís desprazaranse ata Lugo para disputar, no Pavillón Polideportivo do Palomar, os encontros correspondentes á Segunda Xornada do Grupo 1 na Preferente Futgal ante o C.P. Casás. Os Alevíns, farano ás 16:30 h. mentras que ás 18:00 h. será o turno para os infantís.
Artigos relacionados
PATROCINADORES