Imaxe do encontro da pasada xornada ante o Isla de Siero F.S. | Xose Ferreiro
Os ponteses viaxan a Alba de Tormes coa intención de colleitar un bo resultado
Os de As Pontes visitaran maña sábado a compricada pista do Piensos Duran Albense F.S., no penúltimo encontro da primeira volta, correspondente á décimo cuarta xornada, da presente temporada na 2ª División B e programado para as seis da tarde no Pavillón Municipal de Alba de Tormes (Salamanca).
Derradeiro desprazamento longo do ano para os ponteses, que queren dar continuidade a xeira de dous encontros sen colleitar a derrota pero non o teran nada doado ante a un conxunto, o salmantino, que chega a este encontro situado no segundo posto da clasificación provisional do campionato a tan só un punto do líder, Atlético Benavente, que será o vindeiro rival dos ponteses en A Fraga.
O Piensos Duran Albense que mantivo a gran parte plantel de xogadores da pasada tempada e que se reforzou moi ben,con xogadores con experiencia na categoría e categorías superiores fai ser un conxunto moi competitivo a tódolos niveis sobre todo diante da súa afección, a que se entrega equipo os corenta minutos.
Os xogadores que dirixe Iván López saben do potencial que ten o rival pero non descartan dar a sorpresa e tratar de conseguir algo positivo nun encontro que se prevé moi igualado, competido e emocionante de principio a fin ao igual que os de tempadas anteriores disputados entre ámbolos dous conxuntos.
Tra-lo derradeiro adestramento da semana o técnico dos ponteses deixaba as súas impresións sobre o encontro deste sábado “visitamos unha cancha moi compricada onde esperamos un pavillón cheo cun equipo que marcha na segunda posición da táboa con moitas caras novas respeto á tempada pasada pero con moita ambición e moi traballo”. Tamen comentaba que ”nos viaxamos coa moral moi alta, cos gañas de conseguir unha vitoria que nos viria moi ben para engancharnos a esa zona alta da táboa”.
CATEGORÍAS BASE
Nesta fin de semana tódolos equipos de base disputaran encontros. O sábado tan só se vai disputar o derbi local da Primeira Futgal Alevín entre O Esteo F.S. “B” e o Lago Sport. Quedando para a xornada do domingo o resto de encontros, todos eles disputaranse no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga agás o do equipo filial que despraza ata a localidade pontevedresa de A Golada e os Infantís B que comezan a segunda fase competición no Grupo C da Primeira Futgal en Fene.
Os encontros repartense como acontiuación se indica:
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Sábado día 14
- 6 ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – LAGO SPORT
Domingo 15
- 8ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 10:30 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “B”
Ás 11:20 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN – GADESPORT O PARRULO | RESTAURANTE DE MANUEL “A”
- 12ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – TROULA BETANZOS F.S.
Ás 17:15 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – TROULA BETANZOS F.S.
Pavillón Municipal A Xunqueira (Fene)
- 1ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 17:00 h. C.M.I UNIDADE DE FENE | SOS MAQUINARIA – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
Pavillón Municipal de Agolada (Pontevedra)
- 11ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 19:00 h. RESTAURANTE GALICIA A GOLADA F.S. – O ESTEO F.S. “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES