Matos celebrando un dos goles do seu particular hat-trik ante o San Cristobal | Imaxe Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran sumar nunha pista históricamente compricada para eles
Maña sábado, ás seis e cuarto da tarde, O Esteo visita ao Adamo Xove F.S., nun encontro correspondente a décimo sétima xornada de liga na Segunda División B e que se vai a disputar no Pavillón Centro Cívico de Xove a partir das seis e cuarto da tarde.
Logo da importante vitoria colleitada o pasado sábado na xornada inaugural da segunda volta do campeonato, os ponteses, queren continuar sumando de tres en tres pero non o teran nada doado diante dun conxunto, o mariñan, que ademáis de reter a gran parte dos xogadores da pasada tempada con amplia experiencia na categoría e en categorías superiores e xunto ás novas incorporacións fan que sexan un equipo moi competitivo e mais diante dos seus siareiros.
Os xogadores ponteses saben da dificultade do rival e do pavillón de xogo polo que deberán estar concentrados ao cen por cen dende o inicio do encontro sen escatimar esforzos e aproveitar tódalas oportunidades en ataque que se lles presenten se queren conseguir algo positivo.
Logo do derradeiro adestramento da semana, o adestrador pontés, Iván López, deixaba estas verbas sobre o encontro “maña sábado enfrontaremos a un conxunto con xogadores veteráns, xogadores que levan moitas tempadas xogando na categoría e en categorías superiores pero sobre todo será compricado porque a súa pista e un pouco especial donde a tódolos equipos lles costa moitisimo xogar nela”. Continuaba decindo que “independientemente diso nos completamos unha boa semana de adestramentos e viaxamos coa moral moi alta logo do vitoria colleitada a pasada xornada”. Por último tamen dicía que “temos que intentar dar ese paso que nos falta fora da casa para, dunha vez por todas, dar continuidade a boa dinámica de resultados que estamos a lograr no Municipal Pontés”.
No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga os da mariña conseguían facerse cos tres puntos, marcado o gol da vitoria nos derradeiros segundos do encontro que poñia o definitivo 1 – 2 no marcador e deixaba aos de As Pontes sen tempo para reaccionar.
CATEGORÍAS BASE
FIN DE SEMANA REPLETA DE ENCONTROS NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A FRAGA
Tódalas categorías de base de O Esteo disputaran os seus correspondentes encontros como locais comezando hoxe venres co encontro do equipo Filial e rematando o domingo co encontro do Infantil “B” da primeira Futgal Ferrol.
Os horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira:
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A FRAGA (AS PONTES)
- Venres día 17
14ª XORNADA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 20:15 h. O ESTEO F.S. “B” – BAR CIUDAD
- Sábado día 18
2ª XORNADA 2ª FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Ás 16:30 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN – F.S PONTEDEUME | CHURRERÍA LAS VEGAS “A”
15ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL
Ás 16:45 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – C.P. CASÁS
Ás 19:30 h. O ESTEO F.S. INFANTL “A” – C.P. CASÁS
- Domingo día 19
2ª XORNADA 2ª FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – S.D.R. e C. NARON O FREIXO “B”
Ás 12:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – F.S. PONTEDEUME | CANLEMAR
4ª XORNADA 2ª FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – INSTALACIONES SERANTES O PARRULO “C”
Artigos relacionados
PATROCINADORES





