Asier nun lance de xogo no encontro da Copa Galicia | Cortesía de Xose Ferreiro

Os ponteses buscaran dar continuidade á melloria no xogo das xornadas anteriores

O Esteo afrontará maña sábado o segundo desprazamento mais longo da tempada medirse ao C.D. Juventud del Círculo Católico nun encontro programado para as seis e media da tarde no Polideportivo Círculo (Burgos).

Tras dúas xornadas consecutivas sen coñecer a derrota (unha vitoria e un empate) os de As Pontes intentarán continuar coa bo dinámica de xogo e resultados ante o conxunto burgalés, que participa por segunda vez no Grupo 1, logo de voltar a pasada tempada ao Grupo 2 desta Segunda División B.

O conxunto burgalés que volveu a pasar apuros para lograr manterse na categoría, na presente tempada está situado un posto por debaixo dos ponteses a tan só un punto de diferenza polo que se espera un encontro moi igualado e disputado entre os dous conxuntos que buscaran a vitoria para intentar avanzar na táboa clasificatoria.

Iván López, adestrador dos de As Pontes, comentaba que “mañá vamos ter unha saída compricada ante un rival que a pesar da situación que ocupa na clasificación seguramente nos vai a complicar as cousas”. Continuaba dicindo “temos que ir a polos tres puntos ante presumiblemente un rival direto polo que conseguir a vitoria sería un paso moi grande para manter a nosa liña de mellora sobre todo a nivel de adestramentos”. E para rematar decía “estamos adestrando bastante ben ainda que esta semana estivemos algo mermados polas lesións. Non sabemos se poderemos recupar algún efectivo pero os que viaxen darano todo para traer de volta os tres puntos”.

CATEGORIAS BASE

Tamén maña sábado o conxunto filial desprazarase ata a localicade de A Baña para disputar as seis da tarde no pavillón de dita localidade o encontro da terceira xornada na Primeira Futgal ante o Futsal A Baña.

O domingo á maña será á quenda dos Alevíns e Infantís que deixan, a un lado, a competición ligueira para disputar a rolda previa da Copa Galicia de Futbol Sala no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes). Os Alevíns farano ás once frente o Academia 5 Coruña “A” mentras que ás doce e media os Infantís faran o mesmo pero diante terán aos santiagueses da A.D. Codima – Gráficas Esteiro.

Dende o clube facemos un chamamento á afección pontesa, para que se achegue  ao Pavillón Munipal a apoiar e aportar ese ánimo extra aos seus equipos.

Artigos relacionados

PATROCINADORES