Imaxe do encontro da pasada xornada en Noia.
Os ponteses tentaran voltar a boa dinámica de resultados diante dos seus siareiros
O Esteo afrontará este sábado, ás sete e cuarto do serán, diante da súa afición un importante encontro ante o C.D. Juventud del Círculo Católico.
Tra-la derrota pola mínima da pasada xornada ante o filial do Noia Portus Apostoli os ponteses queren voltar a boa dinámica de resultados, das tres primeiras xornadas desta segunda volta da tempada, cunha vitoria coa que dar un paso de xigante de cara a manterse unha tempada mais na Segunda División B do Futbol Sala español.
Os de As Pontes non deberán confiarse dun conxunto burgalés que chega a este encontro despois de lograr un empate na súa casa ante o líder que, sen dúbida, lles deu confianza para afrontar o encontro de maña. Ainda así o rival comeza a contar os encontros que lle faltan para rematar a liga como auténticas finais, xa que nestes momentos ocupa a primeira das catro prazas de descenso a sete puntos da salvación. Polo que non lle vai poñer nada sinxelas as cousas ao conxunto pontés que tamen buscará a vitoria para tentar quedar o mais arriba posible nunha clasificación moi apretada na zona media.
Iván López, adestrador dos de As Pontes, comentaba que “mañá temos un encontro que, sen dubida, vai marcar o futuro de ambos equipos, onde se conseguimos a vitoria damos un paso moi grande de cara a permanencia pero se perdemos voltamos a engancharnos á zona de perigo da clasificación.” Continuaba expresando que “durante a semana planteamos o encontro para intentar que os tres puntos se queden aquí diante dun equipo o burgalés que ven de menos a mais, un equipo que mellorou en defensa, mais conservador e que vai tentar vivir dos nosos erros”…“nos temos que ser listos niso e ler ben o encontro para non ter ningunha sorpresa”. Por último dicia que “sen dubida as baixas que estamos tendo no plantel por distintos motivos vannos mermar sobre todo a nivel de adestramentos, pero non valen excusas, somos os que estamos e vamos tentar que os tres puntos se queden na casa para acadar esa salvación virtual e apartires de ai pelexar polo máximo a onde podamos chegar”.
No encontro da primeira volta disputado no Pavillón do Círculo en Burgos os ponteses lograban facerse cun punto nun encontro con moitas alternativas no xogo e no marcador. Maña esperase un encontro moi similar ao disputado en terras burgalesas, igualado e competido de principio a fin.
Dende o clube fan un chamamento á afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e aportar ese ánimo extra aos xogadores neste importante encontro.
CATEGORIAS BASE
Tódolos encontros da base deste fin de semana disputaranse na xornada do domingo comezando á maña cos encontros do filial e os benxamins, estes últimos disputaran o partido adiado no seu día polo temporal. Xa pola tarde será a quenda do resto de equipos, agás os prebenxamíns e Infantís da preferente que non teñen competición.
Os encontros repartense da seguinte forma.
Domingo día 9
Pavillón Campo da Serra (Narón)
- 16ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 11:30 h. NARON FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
- 3ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Ás 13:15 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | BOMBAY
Pavillón San Francisco Javier (A Coruña)
- 18ª XORNADA PREFERENTE FUTAL
Ás 16:15 h. A. J. POMBO HÉRCULES F.S. “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
- 7ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL
Pavillón Santa Mariña (Ferrol)
Ás 17:00 h. A.D.C. e R. SANTA MARIÑA | LA GRUTA – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES





