Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses queren continuar sumando de tres en tres neste treito final da tempada

Por segunda semana consecutiva os de As Pontes desprazaranse ata terras asturianas para enfrontarse ao pecha cancelas da clasificación, La Isla de Siero F.S., no encontro correspondente á vixésimo oitava xornada da tempada na Segunda División B, programado para ás catro e media da tarde no Nuevo Polideportivo de Pola de Siero.

Segundo encontro consecutivo que disputaran os ponteses como visitantes, e contra equipos asturianos, onde tentaran dar continuidade a vitoria colleitada a pasada xornada diante do Racing de Mieres para seguir sumando puntos e intentar ascender algún posto na clasificación nesta recta final do campionato.

Os de Pola de Siero, últimos clasificados con tan só catro puntos no taboleiro gracias a catro empates, un deles conseguido na súa visita As Pontes, están formados por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns moi competitivos no seu feudo, onde quereran darlle unha alegría á súa afición conseguindo a primeira vitoria da tempada polo que van esixir aos xogadores ponteses a dar o mellor de si mesmos en cada acción. Os asturianos chegan a este encontro tras sufrir unha goleada (8-0) na súa visita ao novo líder da categoría o Stellae Leis Pontevedra F.S.

Os xogadores que dirixe Iván López queren seguir puntuando de tres en tres neste tramo final da tempada polo que non se deberán fiar da situación do rival e terán que realizar un encontro moi intenso tanto a nivel ofensivo como defensivo tratando de minimizar os erros ante un conxunto asturiano que non ten nada que perder.

Despois do derradeiro adestramento da semana o adestrador do cadro pontés, Iván López comentaba que “achegase o final da tempada quedando tres xornadas para o remate do campionato onde creo que é importante acabar con boas sensación, gañando para ter posibilidades de loitar pola oitava praza da clasificación que agora ocupa o Intersala Zamora empatado co C.D. San Cristobal ambos con tres puntos mais que nos”. Continuaba decindo que “o primeiro pasa xa o demos o pasado sábado gañando na compricada pista do Racing de Mieres e ao meu parecer encontro de mañá vai ser semellante a este último onde o Isla de Siero, xa descendido, non ten nada que perder todo o contrario que nos”. Tamen expresaba que “esperamos un encontro compricado nunha pista difícil contra un rival que a pesar de ter tan só catro puntos, xa aquí na primeira volta logrou facerse cun empate nun bo encontro en liñas xerais”. Para rematar decía que “viaxamos con tódalas gañas do mundo para conseguir traer de volta os tres puntos e seguir sumando para tentar alcanzar esa oitava praza.”

Como ben comentou o adestrador pontés, no encontro da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal pontés de A Fraga,os asturianos lograban facerse cun empate logo de que os ponteses lles remontaran no segundo tempo un marcador de (0-2) co que chegaban ao descanso, pero estes volvían a conseguir a igualada a falta de catro minutos para o remate o do encontro poñendo así o empate a tres definitivo.

CATEGORÍAS BASE

Fin de semana repleta de encontros para os equipos de base

Tódalas categorías de base de O Esteo disputaran os seus correspondentes encontros entre o sábado e o domingo onde destacan os derbis locais nas categorías Prebenxamín e Benxamín ante o Lago Sport.

Os horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira

Sabado día 12

Pavillón O Ramo (Fene)

  • 10ª XORNADA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 17:00 h.  C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | RESTAURANNTE LUÍS “B”– O ESTEO ALEVÍN “B”

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • 25ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL

Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – O PARRULO | CONSTRUDECO “A”

Ás 18:30 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – O PARRULO | PRINK “A”

Domingo día 13

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • 10ª XORNADA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 11:00 h.  LAGO SPORT | SANTA COMPAÑA – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN

Ás 17:00 h.  NOVALUX | LAGO SPORT “A” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN

 Pavillón Municipal O Restollal (Santiago)

  • 25ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

Ás 17:00 h.  C.D. COMPOSALA SC BARBER – O ESTEO F.S. “B”

Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)

  • 4ª XORNADA COPA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 18:00 h.  NARON FUTSAL – O ESTEO INFANTIL “B”

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES