Imaxe do encontro ante o I.E.S. Coruxo F.S. | Xose Ferreiro
Os de As Pontes queren seguir sendo fortes diante da súa afición
Hoxe mércores, os ponteses reciben ás oito e media da noite, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, ao Stellae Leis Pontevedra F.S. no encontro adiantado correspondente á vixésimo sexta xornada de liga na Segunda División B.
Case sen descanso e coa resaca da vitoria acadada este pasado domingo na compricada pista do Deporcyl Guardo, que garantiza matemáticamente a continuidade dos ponteses na categoría de bronce do Futbol Sala nacional unha tempada mais, estes reciben a visita dun conxunto, o pontevedrés, que está a pelexar polos postos de playoff de ascenso a Segunda División.
O Stellae Leis Pontevedra situado na terceira posición da táboa clasificatoria é un equipo moi competitivo que mestura xogadores moi experimentados na categoría e en categorías superiores, incluso no extranxeiro, con xogadores xovenes de gran proxección, que tentará facerse cos tres puntos para continuar asexando o liderato da competición, polo que os xogadores ponteses deberán concenciarse en dar o cen por cen en cada acción, se queren sacar algo positivo deste encontro.
Como de costume o adestrador dos de As Pontes, opinaba sobre o encontro de maña mércores que “será moi compricado ante un dos mellores equipos a categoría, moi traballado tácticamente e que compite moi ben”. Continuaba expresando que “a pesar do agotamento ao que nos vimos sometidos o domingo pola viaxe a Guardo estamos con ilusión e gañas de continuar sendo fortes diante da nosa afición”. E remataba decindo “có obxetivo da permanencia conseguido agora temos a mente posta en logar a mellor clasificación posible e todo comeza por sacar algo positivo deste encontro, ainda que sabemos que non vai a ser unha tarefa sinxela”.
No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra conxunto do Lerez non deu ningunha opción aos ponteses vencendo por un contundente 9 goles a 2.
Dende o clube fan un chamamento á afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e aportar ese ánimo extra aos xogadores neste encontro.
Artigos relacionados
PATROCINADORES





