Imaxe do encontro ante o C.D. San Cristobal | Xose Ferreiro

Os ponteses tentaran continuar coa boa dinámica de resultados

Os de As Pontes reciben hoxe Venres, ás nove da noite, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, ao conxunto lucense do Sibuscascoche Ribeira F.S. antepenúltimo clasificado con oito puntos.

Logo das dúas vitorias colleitadas nas dúas primeiras xornadas da segunda volta do campionato, os ponteses buscaran darlle continuidade a boa xeira de resultados conseguindo tres novos puntos que os separen un pouco mais da zona de perigo da clasificación e poder marcarse outros obxetivos de aquí ao final da tempada. Pero para elo non se deberán fiar da posición que ocupa o rival na táboa clasificatoria, polo que deberán realizar un encontro moi serio tanto en defensa como en ataque, minimizando os erros e tomando as decisións axeitadas no momento xusto para tentar de sorprender ao rival e sumar así unha nova vitoria.

Os ponteses mediránse a un conxunto lucense, que comeza a contar os encontros, que lle quedan para rematar a competición, como se de auténticas finais se tratara para tentar lograr a continuidade na categoría a vindeira tempada, o que fai mais perigoso se cabe. Formado por xogadores veterans con moita experiencia na categoría e en categorías superiores que mezcla con xogadores xovenes con moitas gañas o que fai do Sibuscascoche Ribeira F.S., un equipo moi competitivo que pelexa por cada balón durante todo o encontro.

Tra-lo derradeiro adestramento desta semana, como ven sendo habitual, Iván López adestrador dos ponteses comentaba sobre o encontro de hoxe venres que “vamonos enfrontar a un equipo que ven de menos a mais, inmerso na pelexa por evitar o descenso… Para nos será un encontro importante xa que de conseguir os tres puntos daríamos un gran paso de cara á salvar a categoría”. Continuaba dicindo que “Teremos que seguir sendo nos mesmos, vimos de dous encontros moi bons sobre todo a nivel defensivo e esa é a liña que temos que seguir sobre todo na casa onde non podemos fallar”. Remataba expresando que “deberemos vir moi motivados e concentrados sabendo que vai ser un encontro moi compricado a pesar da situación dos dous equipos na clasificación”.

No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, os ponteses conseguían os tres primeiros da tempada cun gol nos intres finais que desfacía a igualdade no marcador para acabar impoñendose por 3-4.

Dende o clube fan un chamamento á afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a presenciar e aportar ese ánimo extra aos xogadores neste importante encontro. 

CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana de encontros para os equipos base de O Esteo que se reparten en dous o sábado e cinco o domingo e onde a maioria deles disputaran ditos encontros a domicilio agás os Benxamíns, Prebenxamíns e Alevíns da Primeira Futgal Ferrol que o faran como locais no Pavillón Monte Caxado.

Os encontros repartense como a continuación se indica:

Sábado día 25

  • 14ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL

Pavillón Polideportivo Sagrada Familia (A Coruña)

Ás 16:00 h.  SILVA S.D. ARBOCO – O ESTEO F.S. “B”

  • 16ª XORNADA PREFERENTE FUTAL

 Pavillón Carmen Estévez (Roxos)

 Ás 19:45 h.  C.D. COMPOSALA MILONGAS – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Domingo día 26

  • 16ª XORNADA PREFERENTE FUTAL

 Pavillón Municipal O Restollal (Santiago)

 Ás 16:00 h.  C.D. COMPOSALA MILONGAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

  • 5ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

 Pavillón A Solaina (Narón)

 Ás 18:30 h.  S.D.R. e C. NARON O FREIXO “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

  • 3ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

 Pavillón Monte Caxado (As Pontes)

Ás 17:30 h.  O ESTEO F.S. BENXAMÍN – C .M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | BOMBAY

Ás 18:30 h.  O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN – GADESPORT O PARRULO | RESTAURANTE DE MANUEL “A”

Ás 19:30 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – O PARRULO | NARON SEGUR ”C”

 

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES