Imaxe do encontro ante o Isla de Siero | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran voltar á boa dinámica diante da súa afición
Mañá, sábado ás 18:00 h. o conxunto pontés enfrontase no Pavillón Polideportivo de A Fraga ao Caja Rural Atlético Benavente F.S., no encontro correspondente á décimo quinta e derradeira xornada da primeira volta da tempada na Segunda División B.
Derradeiro encontro oficial antes do parón das Festas de Nadal para os ponteses, onde se enfrontaran a un equipo que ven de perder o liderato da liga a pasada xornada ao caer derrotado no seu feudo ante o Stellae Leis Pontevedra e baixar ata o cuarto posto, o que indica a igualdade existente na cabeza dunha táboa clasificatoria, onde o conxunto pontés situase no décimo con dazaoito puntos cun marxe de cinco sobre os postos de descenso.
Os benaventanos que manteñen gran parte do plantel da pasada tempada, con ampla experiencia, reforzaronse con xogadores tamen experimentados na categoría, en categorías superiores e incluso no extranxeiro polo conforman un conxunto moi competitivo.
Os xogadores que dirixe Ivan López queren rematar o ano conseguido unha nova vitoria diante da súa afición e voltar así á senda do triunfo, que lles permita disfrutar do nadal con certa tranquilidade e comezar o vindeiro ano con boas sensacións e as pilas cargadas. Pero non o teran nada doado ante un Caja Rural Atlético Benavente que pelexará tamen por facerse coa vitoria para continuar nos primeiros postos da clasificación.
Como ven sendo habitual, tra-lo derradeiro adestramento da semana, o Adestrador dos ponteses deixaba as súas impresións sobre o encontro de maña sábado e comentaba que “sabemos que temos un encontro moi compricado contra un rival que ven de perder dous partidos seguidos, un equipo que aspira a ganar a liga e lograr o ascenso”. Continuaba decindo “nos chegamos a este encontro coas sensacións un pouco contrariadas pero traballamos moi ben durante a semana para tentar cambiar a dinámica das duas últimas xornadas e voltar a facer do pavillón pontés un fortín para sumar tres novos puntos”.
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo nun encontro que se prevé moi igualado e competido de principio a fin.
CATEGORÍAS BASE
DERRADEIRO FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN DO ANO PARA OS EQUIPOS DE BASE
A nosa base ao completo, tamen disputará os seus derraideros encontros oficiais do ano que coincide co remate da primeira volta da competición na Preferente Futgal, da primeira fase na Primeira Futgal agás o equipo Infantil “B” que xa disputará o seu segundo encontro da 2ª fase e o filial que rematará primeira volta na Primeira Futgal Senior xusto despois das Festas do Nadal.
Os encontros repartense como acontiuación se indica:
Sábado día 21
Pavillón O Ramo (Fene)
- 7ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 16:30 h. C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | RESTAURANTE LUÍS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
- 9ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 18:30 h. C.M.I. UNIDADE DE FENE | PROMETAL – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN
Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
- 9ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 17:30 h. GADESPORT O PARRULO “A” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
Domingo día 22
Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
- 2ª XORNADA DA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – A.D.C. SANTA MARIÑA | LA GRUTA “A”
Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Ás 17:30 h. O PARRULO CONSTRUDECO “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Ás 19:00 h. O PARRULO | PRINK “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Pavillón Polideportivo Municipal A Fraga (As Pontes)
- 12ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – C.D. COMPOSALA-S.C. BARBER “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES