Imaxe do encontro da pasada xornada ante o Racing de Mieres F.S. | Xose Ferreiro

Segundo encontro consecutivo que disputan os ponteses como locais

Maña sábado ás seis e media da tarde os de As Pontes recibirán no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a visita do outro conxunto asturiano en competición como é o La Isla de Siero F.S. no encontro correspondente á décimo terceira xornada da tempada na Segunda División B.

Segundo dos dous encontros consecutivos que disputaran os ponteses como locais, e contra equipos asturianos, onde tentaran dar continuidade ás boas sensacións que deixou a goleada colleitada a pasada xornada diante do Racing de Mieres.

Os de Pola de Siero, penúltimos clasificados con tan só dous puntos no taboleiro gracias a dous empates colleitados no seu feudo, están formados por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns moi competitivos como así o indican os seus dous últimos resultados diante de equipos da parte alta da táboa, polo que seguro esixirán aos xogadores ponteses a dar o mellor de si mesmos en cada acción. Os asturianos que lograron o ascenso esta tempada á Segunda División B ainda non coñecen a vitoria no que vai de campionato polo que pelexaran por facerse cós tres puntos que se poran en xogo maña en As Pontes.

Os xogadores que dirixe Iván López queren seguir facendo do Pavillón de A Fraga un verdadeiro fortín e para elo non se deberán fiar da situación do seu rival polo que teran que realizar un encontro moi intenso tanto a nivel ofensivo como defensivo tratando de minimizar os erros para sumar tres puntos moi importantes de cara ao futuro do equipo na clasificación.

O adestrador do cadro pontés, despois do derradeiro adestramento da semana comentaba que “o encontro deste sábado vai ser semellante ao da pasada semana a nivel de presión onde temos moito que perder e pouco que gañar”. Continuaba decindo que “vimos cunha boa dinámica de resultados nos encontros que disputamos na casa, onde estamos moi fortes e só vale gañar” e remataba decindo que “esperamos estar á altura e continuar có nivel de xogo que estamos amosando diante da nosa afección para conseguir tres puntos importantes que nos engancharían ao grupo de cabeza na clasificación”.

Dende o clube fan un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra a o equipo neste encontro.

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana tódolos equipos de base de O Esteo tomanse un respiro gracias á Fase Previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebra nas cidades de Ferrol e Narón e a que acudirán varios xogadores do clube.

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES