Imaxe do encontro da pasada xornada ante o Grupo Forma-T Vilalba F.S.
Os de As Pontes queren continuar sumando de tres en tres
Maña, os ponteses, desprazaranse ata a cidade olívica para disputar o encontro correspondente á novena xornada, da presente tempada, ante o I.E.S. Coruxo F.S. programado para ás cinco da tarde no Pavillón Polideportivo do Berbés.
Logo de voltar a senda da vitoria a pasada xornada no derbi territorial, diante da súa afección, ante o ata daquela líder da competición Grupo Forma-t Vilaba F.S., os de As Pontes, tentaran sumar tres novos puntos que os alonxen un pouco mais dos postos de perigo e asentarse na zona media alta da clasificación.
O conxunto pontés deberá afrontar este encontro como o da pasada xornada, moi intensos e concentrados a tódolos niveis dende o primeiro ao derradeiro minuto e aproveitar ao máximo as ocasións que se lles presenten para lograr unha nova vitoria diante dun conxunto, o olívico, cun plantel moi competitivo formado polo bloque de xogadores de tempadas anteriores, ao que fixeron poucas incorporacións pero con calidade e experiencia na categoría. Chegando a este encontro situado na duodécima posición da táboa clasificatoria empatado a sete puntos co equipo que ocupa a primeira praza que marca o descenso á Terceira División.
Despois do derradeiro adestramento da semana, O adestrador dos ponteses, Iván López, comentaba que “o rival deste sábado chega nunha traxectoria ascendente a pesar da derrota que colleitaron a pasada xornada, un conxunto moi físico e correoso que sobre todo na súa casa vai ao límite en tódalas xogadas e polo tanto vainos esixir moito” continuaba dicindo “nos buscaremos dar ese salto que nos falta nos encontros fora casa para tratar de facer bons os tres puntos da pasada xornada”. Remataba comentando “sabemos que vai ser un partido moi difícil e compricado pero viaxamos Vigo coa fé e as gañas de conseguir a vitoria”.
Esperase un encontro moi intenso e competido no que ámbolos dous conxuntos buscaran facerse cós tres puntos en xogo para tentar de afastarse dos postos perigosos da clasificación.
CATEGORIAS BASE
Nova fin de semana repleta de encontros para os equipos de base
Os encontros comezaran o sábado á tarde onde destaca o derbi de rivalidade local da Primeira Futgal Senior que se vai disputar no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga entre o Fontanería Juve Lago DVSport e filial de O Esteo. Tamen o sábado ás catro os Prebenxamís e ás oito do seran os Benxamíns disputaran os respetivos encontros no Pavillón Municipal de A Malata. Quedando para a xornada do domingo o resto de partidos onde os Alevíns e Infantís da Preferente Futgal desprazaranse ta a Cidade de Lugo, mentras que o resto de equipos faran o mesmo en Naron e Ferrol.
Os lugares e horarios dos encontros distribuense da seguinte maneira:
Sábado día 9
- 7ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 17:30 h. FONTANERÍA JUVE LAGO SPORT – O ESTEO F.S. “B”
- 4ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Ás 16:00 h. GADESPORT O PARRULO Pablo Seijas “B” – O ESTEO F.S. PREBENXAMIN
Ás 19:00 h. GADESPORT O PARRULO Pez Rojo “B” – O ESTEO F.S. BENXAMIN
Domingo día 10
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – O PARRULO “B”
Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)
Ás 17:00 h. NARÓN FUTSAL “B” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
- 8ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón Somos Futbol (Lugo)
Ás 17:30 h. RIBEIRA F.S. MANTO MAQUINARIA – O ESTEO F.S. ALEVIN “A”
Ás 19:00 h. RIBEIRA F.S. EN BOAS MANS – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Artigos relacionados
PATROCINADORES