Imaxe do encontro da pasada xornada disputado en As Pontes | Arquivo O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran darlle continuidade á boa dinámica pola que atravesan
Os de As Pontes desprazaranse maña sábado ata a cidade de Zamora, para disputar o encontro da terceira xornada, diante do C.D. Intersala Zamora Euronics Caja Rural, programado para ás seis da tarde no Pavillón Diputación Provincial de dita cidade.
Logo de catro xornadas consecutivas sen coñecer a derrota os ponteses tentaran darlle continuidade á boa dinámica pola que atravasan para seguir sumando puntos e alonxarse mais dos postos perigosos da clasificación. Para elo terán que realizar un encontro moi serio tanto en defensa como en ataque, minimizando os erros e tentando de aproveitar as ocasións que lles conceda o rival para tratar de conseguir algo positivo.
O conxunto zamorano que logrou o ascenso á categoría de bronce do futsal sala español esta tempada está formado por xogadores con moita experiencia na categoría e en categorías superiores mezclado con xogadores xovenes fan que sexa un equipo moi competitivo e peleón durante todo o encontro.
Tra-lo derradeiro adestramento desta semana, Iván López adestrador dos ponteses comentaba sobre este encontro de maña que“ viaxamos a unha cancha compricada para enfrontarnos a un equipo cun ADN moi competitivo e agresivo sobre todo na súa casa”. Continuaba decindo “imos coa moral alta, reforzados despois de gañar a un gran equipo como Salamanca” e para rematar tamen comentaba que “ traballamos toda a semana para intentar competir da mellor maneira posible e facer bons os tres puntos conseguidos a pasada xornada”
CATEGORÍAS BASE
Fin de semana onde tódolos equipos de base disputaran os seus respectivos encontros a domicilio agás os Infantís B que faran como locais no derbi da 1ª Futgal Ferrol o domingo ás dez da maña no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga en As Pontes.
Os horarios e os lugares de xogo son os seguintes:
* 2ª XORNADA DA 1ª FUTGAL-FERROL FUTBOL SALA
Sábado día 26
Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
– Ás 19:00 h. O PARRULO / MARISCOS O CORUÑÉS “A” – O ESTEO BENXAMÍN
Domingo día 27
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
– Ás 10:00 h. ESTEO F.S. INFANTIL «B» – LAGO DVSPORT / ENSINO “A”
Pavillón Municipal Campo da Serra (Narón)
– Ás 13:00 h. CIDADE DE NARON “B” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
Pavillón Municipal As Lagoas (Narón)
S.D.C. e R. NARON O FREIXO “B” – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN
* 5ª XORNADA DA 1ª FUTGAL SENIOR
Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro (A Estrada – Pontevedra)
– Ás 12:00 h. U.D. A ESTRADA F.S. – O ESTEO F.S. “B”
* 6ª XORNADA DA PREFENTE FUTGAL
Pavillón Colexio Liceo La Paz (A Coruña)
– Ás 17:30 h. COLEXIO LICEO – O ESTEO F.S. INFANTIL «A»
– Ás 19:00 h. COLEXIO LICEO – O ESTEO F.S. ALEVÍN «A»
Artigos relacionados
PATROCINADORES