Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses tentaran dar continuidade á boa liña amosada nas anteriores xornadas

Os de As Pontes reciben maña sábado ás seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a visita do F.S. Salamanca Dehesa Grande nun encontro correspondente á sexta xornada de liga na Segunda División B.

Os ponteses, que levan tres xornadas sen coñecer a derrota queren seguir con esa boa xeira, polo que, tentaran continuar sumando puntos ante un rival compricado que lles vai a exisir estar ao cen por cen durante todo encontro.

O conxunto salmantino que chega a este encontro, situado na quinta posición da taboa clasificatoria, asexando os postos de privilixeio, conseguiu reter á gran maioría de xogadores da pasada tempada que xunto ás novas incorporacións forman un equipo moi experimentado e competitivo. Isto obrigará aos xogadores ponteses a non perder a concentración en ningún momento, senon queren verse cedo por debaixo no marcador e evitar ter que xogar a remolque o resto do encontro.

O adestrador pontés, Iván López dicia que maña “temos un encontro ante un dos mellores equipos da liga, quizais o plantel mais compensado, cunha defensa moi agresiva e dous pivotes de referencia para esta categoría de moito nivel”. Continuaba dicindo que “nos teremos que realizar o noso partido, planteandoo da mellor maneira posible, facendonos fortes diante da nosa afición xa que non debemos deixar escapar puntos da nosa casa” e remataba comentando “a pesar de que seguimos tendo bastantes baixas relizamos unha boa semana de adestramentos, polo que o equipo está suficientemente preparado para sacar o partido adiante

Ambos conxuntos buscaran os tres puntos dende o inicio do choque con distintos fins, os ponteses para poñer terra de por medio cós postos mais baixos da clasificación e os salmantinos para continuar mantendose nos postos altos da mesma

Dende o clube facemos un chamamento á afición, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo neste importante encontro.

Tódalas persoas que queiran facerse socias, ainda poderán facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana daran comezo as competicións a nivel local para as categorías de Base do clube na Primeira Futgal – Ferrol (anteriormente denominada Primeira Autómica).

O sábado día 19 ás catro da tarde xogan Benxamíns, quedando o resto de encontros para a xornada do domingo día 20. Pola maña será a quenda dos Alevíns “B”, Prebenxamíns e os Alevíns “A” de Preferente mentras que o Infantil “B” é o único equipo que xoga a domicilio tamen o domingo á maña. Quedando só para a tarde o encontro do equipo filial. O equipo Infantil “A” de Preferente ten xornada de descanso.

 

  • 1ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL – FERROL F.S.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

Sábado día 19

Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN – PACHAMAMA / C.M.I. UNIDADE DE FENE “B”

Domingo día 20

Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “B” – NARON FUTSAL

Ás 12:45 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMIN – SANTA COMPAÑA LAGO DVSPORT

Pavillón do Ensanche (Ferrol)

Ás 10:00 h. A.D.C.R. SANTA MARIÑA / PICA&PICA 24H “B” – O ESTEO F.S. “B”

  • 4ª  XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

 Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – NARON FUTSAL

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda aos pavillóns de xogo a apoiar aos equipos nos respectivos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES